hoxe e sempre, sempre en GZ

acto agosto vigoO vindeiro xoves 18 de agosto organizamos en Vigo un coloquio sobre a necesidade de máis nacionalismo galego para a mocidade vivirmos nunha Galiza libre, con traballo e prosperidade. Faremos unha ollada ao Sempre en Galiza, ao nacionalismo de preguerra e ás e aos nacionalistas fusilados e represaliados, no mes en que lembramos o asasinato a Alexandre Bóveda e a todas as persoas que sufriron o martirio polos españolistas e os fascistas.

No coloquio contaremos coa escritora, poeta e sindicalista nacionalista Marta Dacosta, e con Jéssica García, responsábel da asemblea comarcal de Galiza Nova de Vigo.