Ideas, arte e música contra o patriarcado!

cartaz_redes (1)

O xoves 21 de novembro terá lugar en Compostela unha xornada con palestras sobre a violencia machista, exposicións e concerto de Habelas Hainas e Alba Rodríguez.

A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova organiza o vindeiro xoves ás 19 horas unha palestra no Café Metate coa participación de Carme Adán (parlamentaria do BNG), Rosa Álvarez (Decana do Colexio de Pscioloxía de Galiza) e a Responsábel Nacional da Asemblea de Mulleres, Lucía Veciño. Neste encontro analizaranse os recortes do Partido Popular en políticas de igualdade así como a violencia contra as mulleres coma fenómeno estrutural derivado da desigualdade de poder entre homes e mulleres, e como instrumento de dominación e de control que se manifesta de múltiples xeitos.

Ao remate da palestra haberá un coloquio e a presentación da exposición realizada pola Asemblea de Mulleres sobre a figura da muller na obra de Castelao.

Concerto de Habelas Hainas e Alba Rodríguez no Avante.

O concerto no que actuará o grupo Habelas Hainas e Alba Rodríguez comezará ás 10.30 horas no Avante. A entrada é de balde e ficades tod@s convidad@s.

Revírate contra a violencia machista!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *