II Semana da Patria en Compostela

Galiza Nova organiza este 2018 a segunda edición da Semana da Patria, que decorrerá xusto na semana previa ao 25 de xullo en todas as comarcas do País. Non por ser o lugar onde se celebrarán os eventos centrais do noso día nacional vai ser menos a comarca de Compostela nesta vaga de actividades, así que temos preparado un programa que abranguerá diversas temáticas.

O martes 17 ás 20:30h no café Caldeirería 50 anos da recuperación do Día da Patria; con Saleta Goi, presente naquel de 1968 e Militante de Honra da nosa organización e Rubén Cela, portavoz municipal do BNG no Concello de Santiago de Compostela

O mércores 18 desenvolveremos no Parque de Belvís unha acción simbólica que consistirá en despregar unha bandeira xigante e formar un mosaico coas letras GZ CEIBE.

O xoves 19 colocaremos unha carpa na Carreira do Conde provista de música galega para promocionar o Festigal. Tamén repartiremos bandeiras da patria co obxectivo de popularizala.

O venres 20 proxectaremos o documental O Sector Enerxético Na Galiza para logo termos un debate sobre a situación deste sector no noso país. Isto terá lugar na Facultade de Xeografía e Historia ás 19:00h.

O sábado 21 participaremos na solemne subida ao Pico Sacro que organiza a Fundación Galiza Cultura, onde se dará lectura ao Alba de Groria escrito por Castelao. Pola noite e como broche á esta Semana da Patria organizamos unha festa no Pub Avante con foliada popular e recital de poesía, ás 23:00h.

Convidamos a toda a mocidade da comarca e arredores a participar destas actividades que combinan fins divulgativos da nosa historia e a nosa cuestión nacional con outros máis lúdicos