O vindeiro 21 de xullo ás 18:00h, integrantes de Galiza Nova e BNG Ourense levarán a cabo o despregamento da Bandeira da Patria nas Burgas, dita acción fica centrada na conmemoración do 50 aniversario da celebración do 25 de xullo como Día da Patria Galega.
Realizamos este acto co gallo da II Semana da Patria e encadrándoo, tamén, dentro do 30 aniversario da nosa organización reivindicando así a nosa bandeira nacional.
Desde o BNG e Galiza Nova animamos á mocidade ourensá a que se sume aos actos que celebran tanto Galiza Nova como o BNG os días 24 e 25 en Compostela e que continúen con nós a loitar pola soberanía do noso País. Así como reivindicar os dereitos da Galiza como nación e facer visíbel a nosa bandeira identitaria.