III Semana da Patria Galega

PROGRAMACIÓN DA III SEMANA DA PATRIA GALEGA

Neste mes de xullo de 2019 Galiza Nova e o BNG organizamos a “III Semana da Patria Galega”. Unha xeira de máis de 40 actividades que a mocidade de Galiza Nova organiza por todo o país ao longo da semana próxima para popularizar o Día da Patria galega e facer avanzar a conciencia nacional e patriótica entre a xente moza.

Durante a Semana da Patria teremos actos de temática moi diversa mais todos terán como eixo central a necesidade de soberanía. Teremos actos de todo tipo: palestras, debates, actos formativos, mosaicos, concertos… Estas actividades terán lugar na semana previa á 25 de xullo, Día da Patria Galega. Queremos que esta semana sirva para sumar máis mocidade na loita pola nosa plena soberanía nacional, da capacidade de decisión que nos permita construír unha nova Galiza na que a mocidade non sexa expulsada por milleiros á emigración, polo desemprego e a precariedade.

Consulta aquí todas as actividades programadas nas distintas comarcas:

Actos previos á semana da Patria:

Venres 12

  • As Mariñas: Posto informativo e de material e punto lila na Festa Medieval de Betanzos
  • Vigo: Despreguamento do Bandeirón da Patria e presentación da Semana da Patria
  • A Estrela: Concertos dos grupos Tseperi e Cabodano Metalcore e DJ+Micro Aberto

Luns 15

  • As Mariñas: Coloquio “Ocio alternativo para a mocidade galega” Con Rosa Maseda da Asociación Cultural Submarino.
  • Vigo: Roteiro literario polo Casco Vello de Vigo con Marta Dacosta.
  • Pontevedra: Realización dun mural colectivo con temática patriótica e reparto. Todo na zona vella de Pontevedra
  • Baixo Miño: Palestra: “Muller e patria, o exemplo maxistral de Rosalía de Castro”

Martes 16

  • Vigo: Reparto con carpa en Praza América.
  • Vigo: Coloquio: “Galiza, País Organizado”
  • A Coruña: Homenaxe a Curros Enríquez.
  • Compostela: Palestra: “Perspectiva LGBT+ feminista na literatura clásica galega””

Mércores 17

  • Vigo: Reparto con carpa no MARCO.
  • Lugo: Despregue do Bandeirón da Patria.
  • Baixo Miño: Palestra: “Galiza, cuestión nacional e de clase”.
  • Baixo Miño: Despegamento do Bandeirón da Patria.

Xoves 18

  • Vigo: Mesa Redonda: “A soberanía como necesidade social”.
  • O Morrazo: Coloquio “Creación musical en galego”.
  • Lugo Sul: Mesa redonda “Produción cultural en galego”.
  • Compostela: Obradoiro de introducción ao reintegracionismo con Eduardo Maragoto.
  • Allariz: Despregamento do Bandeirón da Patria.
  • A Coruña :Posto informativo na Praia de Riazor.
  • Baixo Miño: Mural colaborativo.
  • Baixo Miño: Despregamento do Bandeirón da Patria

Venres 19

  • As Mariñas: Concerto en Miño + intervención política co grupo local “Chokotripis” no Parque da Rúa.
  • Ourense: Concerto no Auriense.
  • Lugo: Visita á Casa Museo Manuel María.
  • Compostela: Despreguamento do Bandeirón da Patria.
  • Vigo: Monólogo de Adri Alvarellos “Xa estou de volta”.

Sábado 20

  • O Morrazo: Coloquio sobre ocio alternativo e a importancia do traballo colectivo
  • Lugo Sul: Concerto
  • A Coruña: Despregamento do Bandeirón da Patria
  • Ferrolterra: Despregamento do Bandeirón da Patria
  • As Mariñas: Posto informativo e venda de material Betanzos
  • O Condado: Des-eucaliptización.
  • Baixo Miño: Acción simbólica: “Fascismo nunca máis, fóra simboloxía fascista das nosas rúas”.
  • Vigo: Reparto con carpa praia do Vao
  • Vigo: Serán pola Patria en Gondomar na Praza do Centro de saúde
  • A Montaña: Proxección do filme “A Esmorga”.

Domingo 21

  • O Condado: Despregamento do Bandeirón da Patria
  • Vigo: Andaina coa Comunidade de Montes de Tameiga, Mos e coloquio: “Un país, un territorio”.

Luns 22

  • Pontevedra: Acto sobre ENCE.
  • Ourense: Despreguamento do bandeirón.
  • Lugo: Realización dunha Rosalía xigante.
  • Vigo: Coloquio: “O futuro das mulleres galegas”.

Martes 23

  • Ourense: Xornada formativa: “Mulleres na formación do partido galeguista”.
  • A Coruña: Homenaxe a Curros Henríquez xunto co BNG da Coruña
  • Lugo: Saída en bicicleta: Mobilidade sostíbel nunha Galiza sostíbel
  • Lugo Sul: Despreguamento do Bandeirón da Patria
  • Ferrolterra: Concerto en Fene.
  • A Montaña :Proxección do filme “A Esmorga”