Impunidade: NUNCA MÁIS! Concentracións urxentes en todo o país!

nuncamaisA Plataforma Nunca Máis convoca, para mañá, concentracións con carácter de urxencia perante inxusta e a indigna sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que se fixo pública no día de onte na Coruña.

Once anos despois dunha catástrofe ambiental sen precedentes na Galiza e unha das de maior impacto en toda Europa, vense de coñecer unha sentenza feita ao ditado dos intereses da armadora, da petroleira, do poder político e económico e, en definitiva, do Partido Popular. Ninguén asume a mínima responsabilidade perante o Prestige e os culpábeis da mesma, que hoxe aínda nos gobernan, marchan con total impunidade. Na Galiza, non esquecemos!

Non esquecemos. Non á impunidade. Mareas negras NUNCA MÁIS!

A Plataforma Nunca Máis vén de rexeitar unha auténtica farsa de xuízo que, tras un longo proceso polo que nunca pasaron os principais responsábeis políticos no Prestige, rematou cunha auténtica aldraxe para o pobo galego. Unha sentenza ridícula e insultante para Galiza.

Botarlle un ollo, na seguinte ligazón, á valoración realizada polo Bloque Nacionalista Galego na tarde de onte na que se analizaba a propia sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.

Achégate ás concentracións!

Mañá, venres 15 de novembro, participa nas concentracións convocadas ás 20:00h en toda a Galiza:

  • A Coruña: Obelisco
  • Ferrol: Praza de Armas
  • Compostela: Praza do Toural
  • Lugo: Praza da Soidade
  • Monforte: Praza de España [esta concentración será ás 21h]
  • Ourense: Parque de San Lázaro, enfronte Subdelegación do Governo
  • Pontevedra: Praza Peregrina
  • Vigo: diante do Museo Marco, Rúa do Príncipe
  • A Estrada: Praza do Concello
  • Vilagarcia de Arousa: Praza de Galiza
  • Foz: diante do Concello
  • Ribeira: Praza do Concello
  • Cee: Praza 8 de marzo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *