Impunidade Nunca Máis! Maniféstate este domingo pola digndade do pobo galego

mani nmA Plataforma Nunca Máis chama a saír á rúa para protestar ante a indigna sentenza xudicial que estabeleceu a ausencia de responsabilidades políticas na catástrofe do Prestigue.
As galegas e galegos non podemos permitir que este miserento goberno do PP se ría unha vez máis de nós. Por iso, ante a total impunidade política na catástrofe ambiental, a manipulación e o vergoñento xuízo, a plataforma vén de convocar manifestacións nas principais cidades galegas para o 1 de decembro ás 12h. Co lema “Nunca Máis! O único berro de xustiza no medio de tanta inxustiza!”, a mocidade galega berrará ante a impunidade para reivindicar o non esquecemento, para esixir responsabilidades políticas e loitar pola dignidade do noso pobo!

Horarios e lugares das manifestacións:

A Coruña, Casa do Mar
Compostela, Alameda
Ferrol (12;30h), Praza do Inferniño
Foz, Praza do Concello
Lugo, Explanada da Xunta
Ourense, Pavillón dos Remedios
Pontevedrea, Praza da Ferrería
Vigo, Praza de Cabalos