Xa están de volta as Xornadas de Galiza Nova e con esta nova edición, xa van vinte e cinco!
Vive tres días de convivio e formación no Condado, con roteiros históricos e naturais, actos culturais, debates, lecer, deporte, letras, concertos… Anótate desde xa ás XXV Xornadas da Mocidade Galega que terán lugar o vindeiro 19, 20 e 21 de setembro. O prezo será de 22,5 € e inclúe durmida, todos os xantares, ceas e almorzos, actividades e transporte.
Programa
Venres 19:
18:00 Recepción na Entidade Local Menor de Queimadelos (Mondariz).
19:30 Visita cultural en Queimadelos.
20:30 Visita aos Xardíns do Gran Hotel Balneario, en perigo por recalificación urbanística.
22:30 Cea.
23:00 Foliada.
Sábado 20:
08:45 Almorzo.
09:45 Visita ao Castro de Troña (Ponteareas).
11:30 Visita ás pesqueiras de Arbo e a restos arqueolóxicos.Visita á posíbel destrución do entorno do río nas Neves.
14:30 Xantar
18:00 Concentración en defensa do río Tea e contra os verquidos, e roteiro para coñecer os puntos contaminantes.
20:30 Obradoiro “Micromachismos ou a violencia que non se ve”, impartido por Lucía Veciño (Responsábel da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova).
22:00 Cea
23:00 Concerto en Ponteareas.
Domingo 21:
11:00 Almorzo
12:30 Palestra-coloquio “Por que Galiza precisa de soberanía?” con Rubén Cela (ex Secretario Xeral de Galiza Nova -2000 a 2004- e Portavoz Municipal do BNG en Compostela).
14:00 Xantar e Festa nacionalista do Condado.
20:00 Despedida.
*Os roteiros van acompañados por explicación de referentes do BNG na comarca expertos na materia.