INSUBMISAS E REBELDES NA DEFENSA DOS NOSOS DEREITOS SEXUAIS E REPRODUTIVOS!

1384132_10204284042774882_5723350457509437484_nA Plataforma A Coruña polo Dereito ao Aborto, da que a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova forma parte, e a Plataforma de Defensa da Sanidade Pública da Coruña convocamos unha concentración para o vindeiro xoves 23 de outubro ás 12 horas, na ponte que une o CHUAC co Tanatorio. Ás 12:20 h desprazarémonos até a esplanada do CHUAC onde daremos lectura ao manifesto, e rexistraremos escritos dirixidos ao Xerente da Área Sanitaria da Coruña, denunciando os recortes na atención e protección da saúde sexual e reprodutiva das mulleres, e esixindo a inmediata cobertura da praza de xinecoloxía e a de técnic@ en coidados auxiliares de enfermaría, no COF do Ventorrillo, co obxectivo de recuperar as prestacións anticonceptivas e as revisións xinecolóxicas no propio centro.

INFO: http://corunha.info/evento/2801

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *