“Invisíbeis: como detectar a violencia machista” en Vigo

Desde a Asemblea de Mulleres da comarca de Vigo organizamos unha charla-coloquio co obxectivo de ampliar a nosa formación no ámbito do combate da violencia machista.

Para iso, estarán Montse Fajardo (escritora do libro Invisibles), Carme Fouces (concelleira de igualdade  no Concello de Pontevedra) e Rosa Campo Briones (directora do CIM de Pontevedra) ofrecéndonos unha charla-coloquio sobre como identificar os sinais da violencia machista e que debemos facer no caso de atoparnos ante unha muller vítima de violencia de xénero. O acto será presentado por Mariña Camiña, integrante da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova da comarca de Vigo.

Ademais, a escritora Montse Fajardo falará tamén sobre o seu libro Invisibles; libro onde se recollen 7 historias de mulleres vítimas da violencia machista.

Esperámosvos este sábado día 13 ás 19:45h no café De Catro a Catro; na r/Girona, 16.