Este sábado 16 homenaxearemos a Alexandre Bóveda en Ponteareas. Un ano máis Galiza Nova lembrará no Condado a todas as mártires e todos os mártires da Galiza, aquelas persoas que sufriron a mans do españolismo e do fascismo, aquelas que padeceron o martirio e a represalia, a cadea, o exilio interior ou exterior, o asasinato…
Ás 20:30 horas aprenderemos sobre a vida, loita e legado do noso patriota e mártir Alexandre Bóveda, e será na cafetería Onde Sempre (Pontareas). Ao remate realizaremos unha ofrenda floral na rúa que leva o seu nome, a poucos metros da cafetería.
Achégate!