Participa no II CONCURSO DE RELATO CURTO E POESÍA “LETRAS NOVAS”!

Xa está aquí a segunda edición do Concurso de Relato Curto e Poesía “Letras Novas”, que Galiza Nova organiza na zona do Umia !

O prazo de presentación dos traballos comeza xa e dispós ata o 30 de abril para presentalo.

letras novas

A continuación podes ler as bases polas que se rexe o concurso:

– Idioma: galego.
– Temática: libre.
– Idade:

Categoría xuvenil:  ata 18 anos
Categoría adulta: a partir de 18

– Modalidades:

Poesía: composicións de extensión máxima 50 versos.
Relato curto: extensión máxima  2500 palabras.

– Presentación:
Cada participante poderá presentar un máximo de un traballo en cada modalidade (orixinais, non presentados a ningún outro certame literario pendente de resolución e inéditos). As composicións serán entregadas en formato pdf  no e-mail: GNUmia@gmail.com e deberán levar os seguintes datos:

* Título da composición
* Nome e apelidos
* Idade
* Enderezo
* Teléfono de contacto

Para manter o anonimato dos textos fronte ao xurado, os datos persoais figurarán no mismo correo, e non no arquivo pdf do texto.

– Prazo: o último día de recollida de textos será 30 de abril de 2015.
– Premio: lote de libros para a persoa gañadora, mais cada participante que acuda á entrega de premios percibirá un pequeno agasallo.
– Xurado: estará composto por profesorado dos centros de ensino públicos da zona do Umia.
– Fallo: Darase a coñecer nun acto especial de entrega de premios o 16 de maio de 2015 en Caldas de Reis.
– Disposicións finais: A presentación ao concurso supón a conformidade coas presentes bases por parte das persoas concursantes. A Asemblea Comarcal de Galiza Nova gárdase o dereito a decidir en caso de disputa, de acordo con estas bases.

Anímate a participar!!