A Asemblea LGTBI de Galiza Nova organiza para o vindeiro venres 31 de marzo un coloquio en Pontevedra baixo o título “LGTBI: máis alá das etiquetas”. Será ás 20:15h na Casa da Luz (Praza da Verdura) e estará moderado por María Bará (integrante da Mesa da Asemblea) e Iria Carreira (Responsábel da Asemblea LGTBI e integrante da Comisión Permanente de Galiza Nova).
Neste coloquio afondaremos na necesidade do colectivo LGTBI de definir os seus trazos propios e tamén de visibilizarse á marxe da sociedade. Precisamos de ferramentas de noso para desenvolver a loita contra a opresión heteronormativa e cissexista do sistema. Conversaremos tamén sobre como evitar caer nunha retórica baleira de contido político mantendo sempre a capacidade subversiva para destruír o cisheteropatriarcado.