LGTBI máis alá das etiquetas

A Asemblea LGTBI de Galiza Nova organiza para o vindeiro sábado 11 de febreiro un coloquio en Compostela baixo o título “LGTBI: máis alá das etiquetas”. Será ás 20h no bar SCQ e estará moderado por Alberte Calo, membro da Asemblea e da Comisión Permanente de Galiza Nova.

Neste coloquio afondaremos na necesidade do colectivo LGTBI de definir os seus trazos propios e tamén de visibilizarse á marxe da sociedade. Precisamos de ferramentas de noso para desenvolver a loita contra a opresión heteronormativa e cissexista do sistema. Conversaremos tamén sobre como evitar caer nunha retórica baleira de contido político mantendo sempre a capacidade subversiva para destruír o cisheteropatriarcado.

Previamente nesa xornada terá lugar a Asemblea Nacional LGTBI na que definiremos cal deberá ser a liña de traballo de Galiza Nova neste eido durante este ano. Esta asemblea está aberta a todas as militantes e simpatizantes LGTBI, anótate en asemblealgtbi@galizanova.gal para recibir máis información. Anímate a participar!