Loitamos polo ensino público galego

l1Rubén Arroxo, candidato do BNG Asembleas Abertas en Lugo e militante de Galiza Nova, realizou un encontro coa comunidade universitaria sobre alternativas para conquerir un ensino público, galego e para todas, fronte ao deterioro do campus de Lugo, en total abandono e que perdeu gran número de estudantes froito das políticas do PP que impiden á mocidade acceder ao ensino universitario, cun prezos de matrícula prohibitivos e debido ao recorte en bolsas para o estudo.
“O 50% da superficie do concello é monte e na universidade temos os coñecementos para poñelo a producir” sinalou Rubén Arroxo. O candidato nacionalista e militante de Galiza Nova presentou á comunidade universitaria as propostas da formación que representa a respecto da universidade. Arroxo mostrouse partidario de aproveitar as potencialidades do campus como “motor técnico e económico” da cidade e propuxo un proxecto conxunto entre o Concello, a Universidade e os veciños das parroquias para poñer en valor os montes veciñais do municipio crear pequenas empresas de transformación de produtos agrarios”.
Arroxo puxo como exemplo que en Galiza a maior parte dos sistemas de calefacción son alimentados con derivados do petroleo e “non somos un país produtor de petroleo” engadi que “consumimos petroleo e a madeira podrece nos montes, o noso campus ten moito que dicir”. O cabeza de lista do BNG á alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo, avogou hoxe por aproveitar os coñecementos e a experiencia do campus universitario para crear postos de traballo e emprego na cidade.
O candidato nacionalista, que visitou esta mañá o campus, afirmou que a universidade, en Lugo, é punteira en investigación nos eidos agrarios e forestais e sen embargo a cidade non aproveita eses coñecementos. “A nosa cidade conta co único campus agrario existente nas 3 universidades galegas e iso hai que aproveitalo”, defendeu Arroxo.
Por iso, o candidato nacionalista insistiu en reforzar a relación do campus universitario coa cidade de Lugo e comprometeuse diante da comunidade universitaria a ter en conta as súas aportacións e coñecementos desde o Goberno do Concello. Arroxo defendeu as potencialidades do campus como “motor técnico e económico” da cidade e defendeu a posta en marcha dun proxecto conxunto entre o Concello, a Universidade e os veciños das distintas parroquias para poñer en valor os montes veciñais do municipio co apoio da Facultade de Forestais.