LUME COA UNIÓN EUROPEA!! STOP LGTBI-FOBIA!

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea emitiu este mércores unha sentenza que avala que os Estados membros poidan prohibir a doación de sangue por parte de homes que tiveran mantido relacións sexuais con outros homes. E todo isto, baixo a argumentación fascista e estigmatizadora da existencia dun suposto “alto risco de transmisión de enfermidades infecciosas” polo mero feito de ser homosexuais.
Contra esta sentenza, unha auténtica aberración que vai en contra dos dereitos das persoas LGTBI, dende Galiza Nova reivindicamos unha sexualidade libre e gozosa, e unha igualdade real que, a día de hoxe, non existe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *