Máis de medio cento de persoas concentráronse en apoio aos membros de Galiza Nova que foron a xuízo por defender o ensino público

xuizo_3
Na mañá deste mércores celebrouse en Ponteareas o xuízo contra os membros de Galiza Nova denunciados polo alcalde do PP en Mondariz
, Julio Alén, quen os acusou por realizaren un mural na defensa do ensino público. Tras as declaracións das mozas e mozos, suspendeuse o xuízo para reanudarse e o 28 de maio, xa que non se citou ao axente da Garda Civil que identificou aos membros de Galiza Nova tras requerirllo o Alcalde.

De seren declarad@s culpábeis, @s compañeir@s de Galiza Nova  poderían cumprir unha condena de 15 días de traballos sociais ou 6 días de arresto domiciliario!!

Medio cento de persoas, entre as que se atopaba o secretario de organización do BNG, Bieito Lobeira, concentráronse ás portas dos xulgados para se solidarizaren c@s cinco moz@s denunciad@s.

xuizo_2‘O Partido Popular esta a criminalizar á mocidade galega que se rebela’

‘O Partido Popular esta a criminalizar á mocidade galega que se rebela ante os recortes e políticas reaccionarias e españolistas que acaban co ensino púbico galego, co emprego, cos dereitos e liberdades…’ denunciou o Secretario Xeral de Galiza Nova, logo de afirmar que a denuncia aos membros das mocidades do BNG supón un claro atentado á liberdade de expresión. ‘Este xuízo é unha aberración antidemocrática coa que o PP pretende coartar a liberdade de expresión, e ademais este mural foi realizado nun muro degradado e cheo de pintadas e non supón, por tanto, ningún deslucimento, como denunciou o alcalde’.

foto_concentrQueremos desde Galiza Nova agradecer os apoios que estamos a recibir por parte das veciñas e veciños da comarca do Condado, que como nesta mañá se mobilizaron para solidarizarse nte esta inxustiza.

A estratexia do PP non vai dar resultado, pois non nos van desmobilizar! e desde Galiza Nova imos seguir organizando á mocidade galega e non imos dar trégua ningunha ao Partido Popular!