Máis paro, precariedade e contratos lixo son as consecuencias das accións do PP

DEREITOS-CARTAZ-A3 GNBNGAs políticas do PP deixaron un mes de Xaneiro negro para a Galiza. Segundo os datos ‘oficiais’ hai 10.011 parad@s máis e 13.249 afiliad@s á Seguridade Social menos, o que suma un total de 281.077 desempregad@s na Galiza, un 2,69% máis que no mes de decembro.

A situación é máis dramática ao ter en conta que estes dados non inclúen aos milleiros de galeg@s que xa abandonaron a terra por falta de oportunidades nin á mocidade non inscrita nas oficinas de desemprego ou que aínda non puido acceder ao primeiro emprego por mor da destrución dos postos de traballo que practica o capital da man do Partido Popular.

Dados estatísticos á parte, a situación de miseria e emerxencia nacional que vive o noso país cada vez vai a máis, confrontándose esta realidade cos chamados ‘brotes verdes’ e as mentiras maquilladas que nos quere vender o PP dende o goberno. É falso que haxa unha mellor situación que noutros anos! a realidade é que cada día quedamos menos na Galiza e que perto de 93.000 fogares teñen a todos os seus membros no paro.

Dos contratos asinados só o 8,7% foron indefinidos

As reformas laborais do PSOE e do PP só crearon máis precariedade e temporalidade, así, dos contratos asinados só o 8,7% foron indefinidos. De nada serve que se asinaran máis contratos que en xaneiro de 2013, cando aumenta exponencialmente a porcentaxe de contratos temporais. Non queremos traballos en condicións máis precarias e temporais, coa inseguridade e indefensión que iso provoca na clase traballadora!!

A dependencia de Galiza e a falla de soberanía nacional déixanos á cabeza do Estado no aumentou do paro desde que comezou o 2014. Esta é a realidade que quere agochar e manipular o goberno do PP.

Nin escravitude nin emigración!
Na Galiza esiximos dereitos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *