Máis un ano organizamos o BNGAI en Cambre, unha cita para falar, compartir e debater ideas e visións en defensa das liberdades sexuais. Este mércores, ás 20:30hs na Casa da Cultura – Vila Concepción., falaremos da necesaria creba dos tabús e das discriminacións que padecen as persoas lesbianas, gays, bisexuais, transexuais e intersexuais. Teremos espazo para a poética transgresora e reivindicativa e poderás ver a exposición fotográfica GalizaLGTBI elaborada por novas creadoras e novos creadores. Tamén contaremos co gran Xurxo Souto, que nos sorprenderá achegando unha proposta poderosa… e novidosa!
Porque os nosos corpos disidentes habitarán todos os discursos: Renega das etiquetas; orgullos@s!
Acude e difunde!