Manifestación polo dereito a ser e existir

Dende Galiza Nova facemos un chamamento para acudir á manifestación convocada en Compostela por varios colectivos LGTBI galegos que terá lugar o vindeiro sábado 18 ás 19h na Praza do Obradoiro.

Nas últimas semanas estamos asistindo a un aumento das agresións LGTBIfóbicas e especialmente transfóbicas dentro do estado español. Aos innumerables ataques que o colectivo LGTBI ten que enfrontar cada día súmase agora a campaña iniciada pola organización Hazte Oír mostrando mensaxes claramente transfóbicas co agravante de poñer o foco nas crianzas transexuais. Esta campaña estalle a reportar grandes espazos nas canles de comunicación sistémicas nas que continúan a espallar estas mensaxes de incitación ao odio amparados nunha suposta liberdade de expresión.

É por isto que os colectivos ARELAS, AMIZANDO e ULTREIA LGTBI [varios colectivos LGTBI galegos] convocan esta manifestación baixo o lema “Que non te enganen, a diversidade existe. Polo dereito a ser e existir” para esixir o fin da violencia LGTBIfóbica e demandar a creación dunha Lei galega de Identidade de Xénero que garanta o dereito a vivir cunha identidade de xénero diferente á estabelecida polo sistema cisheteropatriarcal.

CONTRA A LGTBIFOBIA NIN UN PASO ATRÁS!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *