Martes 17. Facultade de Filosofía: coloquio con Vence sobre o ensino

Participa este martes 17 de marzo do coloquio con con Xavier Vence sobre a situación do ensino público galego e da comunidade universitaria, onde compartiremos propostas e alternativas para erguer un ensino público e de calidade na Galiza.

O coloquio, organizado por Galiza Nova e o BNG, será este martes 17 de marzo ás 20 horas na Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos) e contará tamén coa participación d@s estudantes Hugo Rei (responsábel comarcal de Galiza Nova) e Fátima Sánchez (vice responsábel comarcal de Galiza Nova) e todas as persoas que desexen compartir con nós análise e propostas sobre o ensino público galego.

3+2 Compostela A COR

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *