Martes e mércores: Asembleas abertas de mocidade en Ourense

asMartes 28 ás 20:00 no Café Ollo Ledo (Praza das Mercedes) e Mércores 29 ás 11.30 no Salón de Actos do CIFP A Carballeira.

O debate, a opinión da mocidade, o intercambio de ideas, o activismo e participación son fundamentais para construír futuro en Ourense, para construírmos unha Galiza con futuro para a mocidade.

Convidámoste a participar este martes 28 de outubro ás 20hs, no Café Ollo Ledo, na Praza das Mercedes de Ourense, e o Mércores 29 ás 11.30hs no salón de actos do CIFP A Carballeira nun encontro aberto no que podermos falar e intercambiar ideas sobre as problemáticas da mocidade galega como a falla de oportunidades para vivir na nosa terra, o desemprego xuvenil, os retrocesos en igualdade, dereitos e liberdades… e buscarmos xuntas e xuntos as alternativas necesarias para que na nosa nación a mocidade poida vivir, estudar e traballar con dignidade.

Debate, propón, actúa!