Martes na Coruña: Concentración perante cimeira capitalista

palexcoGaliza Nova chama á mocidade a mobilizarse este martes na Coruña perante a cimeira capitalista do Congreso de Directivos e Executivos de España e que reunirá ao rei de España, o presidente do goberno, o alcalde da Coruña e distintos representantes das grandes empresas capitalistas que espolian ao noso pobo coma Carlos Slim, César Alierta ou Pablo Isla.

Concentración martes 6 de outubro ás 12 horas na entrada de Palexo (A Coruña) convocada polo BNG e Galiza Nova.

Non os queremos na Galiza, non os queremos en ningures, porque son estes e outros axentes do réxime quen están a arruinar ao noso pobo e condenando á mocidade galega á miseria, precariedade e emigración. As políticas de España e o capital, lexisladas polas institucións españolas e auspiciadas pola oligarquía financieira, provocan que 6 de cada 10 moz@s non teñan traballo, que o 60% dos contratos á mocidade son de carácter temporal, lexislan reformas laborais do que normalizan ese atentado á clase traballadora que é o traballo temporal, fan da esmola o salario e estenden os contratos en prácticas até os 30 anos. Estámoslles pagando por poder traballar!!

Á tarde, terá lugar o congreso anticapitalista, unha acción simbólica que terá lugar ás 18:30 horas no Obelisco coa presenza de persoas de sectores agredidos polas políticas antisociais e antigalegas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *