Martín Agrelo e Ángela Aboy responsábeis locais do Umia

Asemblea Galiza Nova Umia

Asemblea local de Galiza Nova Umia tras a elección da nova dirección política

Este sábado tivo lugar en Caldas a asemblea local de Galiza Nova Umia, dentro do proceso posterior á Asemblea Nacional da organización xuvenil, celebrada o pasado 26 de novembro. Centrouse esta na elección de responsábeis locais e a elaboración dun calendario de traballo.

Martín Agrelo foi reelixido responsábel local para as Terras do Umia, e Ángela Aboy vicerresponsábel. Conxúgase así experiencia con renovación, nunha localidade complexa e formada por varios núcleos. Un dos principais obxectivos xurdidos do debate foi o de continuar coa liña de traballo encamiñada desde hai un tempo na comarca, que permitiu ampliar a base social da organización, de modo que se asegure un calendario de traballo estábel.
Neste senso Martín Agrelo reiterou “a oportunidade que supón actuar en varias localidades” para aumentar así a visibilidade do nacionalismo xuvenil en Caldas e a súa contorna. En concreto este acordo traducirase na realización de varias charlas e campañas nos vindeiros meses.
A Asemblea Local contou tamén cunha representación da Comisión Permanente de Galiza Nova así como das responsabilidades comarcais da comarca de Pontevedra

Leave a Reply

Your email address will not be published.