Membros de Galiza Nova retid@s e identificad@s por protestaren ante o Príncipe de España

protesta Galiza NovaMoz@s de Galiza Nova rexeitamos a monarquía española ao paso de Felipe de Borbón pola capital da Galiza.

Os múltiples casos de corrupción que afectan aos Borbóns evidencian o anacronismo da monárquica. Rexeitamos a figura do Rei e da súa familia, por seren parasitos que viven a costa nosa, e aínda máis a dun Xefe de Estado non eleito e vitalicio, herdeiro e posto a dedo por Franco. Residuos pois, do pasado!!

A policía retén e identifica a dez compañeir@s.

Denunciamos a conculcación de dereitos e de liberdade de expresión que volvemos a vivir esta mañá, cando despregamos unha pancarta co lema ‘Este pobo non quere monarquía española, fóra os Borbóns da nosa Nación’. A policía española reteu durante media hora e identificou a dez das persoas que se achegaron ao acto de protesto desenvolvido por Galiza Nova. Ollamos con moita preocupación a conculcación de dereitos e de liberdades que diariamente padecemos as mozas e mozos que nos rebelamos.

Construírmos a República da Galiza!

Fronte a un sistema en colapso e unha España que nega ao noso pobo e nos somete á pobreza ao tempo que pretende liquidar os nosos sinais de identidade coma pobo, chamamos unha vez máis á mocidade a construírmos a república galega, social e democrática, das mulleres libres, da xustiza social e da igualdade; ao servizo do pobo para que a mocidade galega non teña que seguir emigrando do seu propio país e poida vivir e traballar en liberdade nunha terra de prosperidade.

Abaixo a Monarquía española, adiante a República Galega!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *