Milleiros de persoas enchen as rúas de Compostela na defensa do galego

De novo, Galiza voltou vivir no día de hoxe unha xornada histórica na defensa do noso idioma.

Milleiros de persoas encheron as rúas de Compostela ata ateigaren a Praza da Quintana, deixando en evidencia as políticas lingüicidas da Xunta de Galiza e de Feijóo e compañía.

Máis unha vez, o pobo galego voltou demostrar que o galego é o noso idioma e que non imos permitir que as políticas lingüicidas emprendidas polo Partido Popular continúen minándoo.

Imos poñerlle coto a esta situación. Imos frear ao Partido Popular. Imos rematar con eles!

E ímolo facer porque o temos moi claro:

Na Galiza ‪#‎QueremosGalego‬!

 

No seguinte enlace podes ver as imaxes da xornada de hoxe no noso Flickr:

https://www.flickr.com/photos/galizanova/sets/72157650297297950/

https://www.flickr.com/photos/54585288@N07/sets/72157648398064823/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *