Pintura de Leandro Lamas

Mobilicémonos coa CIG no Día da Clase Obreira Galega

Chamamos á mocidade galega a rebelarse contra o desemprego, a precariedade e a emigración, e saír ás rúas mobilizarse nas convocatorias da CIG deste 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega. As terríbeis consecuencias das reformas laborais do PPSOE afondan na precarización aínda maior dos contratos e unha indefensión total das traballadoras e traballadores. Queren que as mozas e mozos da Galiza non sexamos máis que man de obra barata para as empresas, con contratos que camuflan todo tipo de abusos!!

Neste 10 de marzo reivindicamos tamén a necesidade de conquerirmos a soberanía da Galiza para termos as capacidades reais de crear emprego digno e na nosa Terra e practicarmos a insubmisión ás políticas reaccionarias e neoliberais impostas! No 43 aniversario do asasinato dos traballadores Amador e Daniel, temos que loitar con máis forza pola liberación nacional e a emancipación da clase traballadora galega.

Viva a clase obreira galega!

Lugar e hora das mobilizacións

FERROL: Manifestación nacional dende Avenida de Esteiro (local da CIG), ás 20.00 horas.
A CORUÑA: Manifestación, 20.00 horas, dende a Praza de Vigo.
COMPOSTELA: Manifestación dende a Praza Roxa ás 20.00 horas.
LUGO: Manifestación dende o local da CIG (Ronda da Muralla, 58), ás 20.00 horas.
OURENSE: Asemblea de delegados/as no edificio sindical (Parque de San Lázaro) e manifestación até a Xunta, ás 11.30 horas.
PONTEVEDRA: Asemblea de delegados/as e concentración na Praza da Peregrina ás 12.00 horas.
VIGO: Manifestación dende a Doblada ás 20.00 horas.