Mobilizacións en apoio de Catalunya: Non temos Medo

Hoxe, 1 de outubro, está a celebrarse o referendo de autodeterminación de Catalunya para a creación dun estado catalán independente.

Logo dunha campaña do medo por parte das cloacas do estado español e o sistema centralista no que trataron evitar a participación do pobo catalán no referendo que fracasou totalmente, no día de hoxe as forzas represoras españolas deron un novo golpe á democracia empregando a violencia para impedir que o pobo votase lexitimamente.

Secuestros de urnas, papeletas, cargas policiais contra quen quería exercer o seu dereito ao voto con ataques con porras e pelotas de goma foron as armas que empregou o estado español para tratar de impedir que hoxe se expresase a vontade de todo un pobo. Por iso dende Galiza Nova chamamos a mocidade galega a participar das mobilizacións convocadas pola plataforma Galiza Con Catalunya nas principais cidades do país, porque non temos medo, porque apoiamos a loita do pobo catalán por acadar a súa independencia e porque dende a Galiza seguiremos a traballar por acadar a nosa liberdade.

  • Compostela: Praza do Toural
  • Pontevedra: Subdelegación do Goberno
  • Ferrol: Praza da Armada (diante da Xunta)
  • Vigo: Farola de Urzáiz
  • A Coruña: Subdelegación do Goberno
  • Ourense: Subdelegación do Goberno
  • Lugo: Subdelegación do Goberno

NON TEMOS MEDO! Mobilízate!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *