Participa este domingo 2 de xuño na manifestación nacional contra a megaminaría contaminante e en defensa da Terra, que partirá ás 12h desde a Alameda de Santiago.
Desde Galiza Nova chamamos á mocidade galega a mobilizarse este domingo 2 de xuño contra a ameaza ambiental que conforman os proxectos mineiros contaminantes que se estenden ao longo de todo o país: Corcoesto, O Galiñeiro, Castrelo de Miño, Xinzo, Cartelle, A Terra Chá, O Iribio, Santa Comba, Zas, Pinzás, A Penouta…
Ante a ameaza de converter Galiza nunha gran mina a ceo aberto, desde a nosa organización denunciamos a complicidade do goberno de Núñez Feijóo coas multinacionais que pretenden especular co noso territorio, expoliar os nosos recursos e destruír a nosa riqueza ambiental, prexudicando á poboación das zonas afectadas e do conxunto de Galiza.
Galiza non é unha mina! Defende a Terra!