Galiza Nova chama á mocidade galega a participar nas mobilizacións deste martes convocadas nas cabeiceiras de comarca pola Plataforma SOS Sanidade Pública.
Non podemos ficar parad@s ante o desmantelamento e privatización da sanidade que a Xunta de Galiza está a levar a cabo! A sanidade debe seguir sendo un servizo público e non un campo de especulación das empresas privadas e multinacionais, por iso é preciso que a poboación galega se se mobilice ante o desmantelamento da sanidade pública. Nin neste momento socio-económico tan complexo nin noutro, hai ningunha escusa para defender a privatización da sanidade! As clases populares non poderemos soportar máis repagamentos de medicamentos, de transporte sanitario non urxente, de fármacos para enfermos crónicos, de material ortopédico, e desgrazadamente dun longo ectécera. Por isto, e porque non podemos permitir que destrúan a sanidade pública, a mocidade galega apoiará as mobilizacións convocadas para mañá en diferentes puntos de Galiza.
Horas e lugares das mobilizacións:
O Barco: 20:00 h con saída do Hospital comarcal. Conde de Fenosa
Ourense: Ás 20:00 h, con saída do Pavillón dos Remedios
Burela: Ás 20:30 h, con saída do Hospital da Costa
Vigo: Ás 20:00 h con saída do Hospital Xeral
Ferrol: Ás 18:00 h, con saída da Praza de España.
Lugo: Ás 20:00 h, con saída do edificio multiusos da Xunta de Galiza
Pontevedra: Ás 20:00 h, con saída da porta principal do Hospital provincial
Santiago: Ás 20:00 h, con saída da Praza Roxa
A Coruña: Ás 20:00 h, con saída da Casa do Mar
Barbanza: Ás 20:00 h con saída do centro de Saúde
Monforte: Concentración na Praza de España, ás 20:00 h
Salnés: Concentración ás 14:00 h diante da porta principal do Hospital
Cee: Concentración ás 12:00 h diante da porta principal do Hospital.