Mobilízate este xoves en defensa da sanidade pública!

Galiza Nova

Participa da xornada mobilizadora convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública este xoves 27 de xuño, en defensa dun servizo sanitario público e de calidade, contra a nova ameaza que supón o Proxecto de Lei de Garantías que pretende aprobar o Partido Popular na Xunta de Galiza e que acelerará e reforzará a política do PP privatizadora da sanidade; enriquecendo a uns poucos e perxudicando ao conxunto da poboación galega.

Aquí tes os lugares e horas das concentracións convocadas:

A Coruña: Concentración no Obelisco ás 20 horas.
Ferrol: Concentración na Praza de España ás 19 horas
Lugo: representación teatral na entrada do HULA ás 11.15 horas.
Pontevedra: Concentración na Praza da Peregrina ás 20 horas.
Santiago: Concentración no Toral ás 20 horas.
Vilagarcía: Concentración no hospital do Salnés ás 12 horas.
Vigo: Concentración no Hospital Xeral ás 20 horas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *