“Mozas para con Galiza: a necesidade da autoorganización” Asemblea aberta na Coruña

O vindeiro mércores 27 de febreiro ás 20:00h estaremos na Asociación Alexandre Bóveda (Rúa Olmos 16) con Avia Veira, Concelleira, portavoz do BNG no Concello da Coruña e número 2 do BNG da Coruña e con Isabel Risco, activista na marcha mundial das mulleres, actriz e integrante da candidatura do BNG na Coruña, nunha asemblea aberta que leva por título “Mozas para con Galiza: a necesidade da autoorganización”, organizada polas compañeiras de Galiza Nova A Coruña.

Este acto forma parte da campaña coa que, desde Galiza Nova, queremos socializar entre as mozas a folga convocada polo sindicalismo obreiro galego, a través da CIG e as distintas mobilizacións que convoca o movemento feminista galega a través de Galegas8M

Facemos tamén un chamamento a acudir á manifestación nacional do domingo 3 de marzo, ás 12h en Lugo e a todas as convocatorias locais e comarcais do 8 de marzo.

SE NON CONTAN CON NÓS, QUE PRODUZAN SEN NÓS! MOZAS EN FOLGA POR UNHA GALIZA FEMINISTA