
Tras ser obrigad@s a abandonar pola forza e con empurróns a sala na que se estaba a realizar a conferencia de Beatriz Mato, a Garda Civil retivo á militancia de Galiza Nova durante case media hora para, posteriormente, identificar e denunciar ás e aos mozos presentes por unha “alteración da orde pública”. Dous militantes de Galiza Nova, entre eles o Secretario Xeral, foron apercibidos a maiores por ter, supostamente, “unha actitude pouco colaboradora” por, simplemente, preguntar polos motivos da retención policial. Ademais, á saída das instalacións, dúas grilleiras da Policía Nacional volveron a reter a a identificar ás e aos mozos alí presentes.
One Comment