Municipais: o programa marco da mocidade

Presentámosvos o programa de mocidade co que o BNG vai concorrer ás vindeiras eleccións de maio, onde se recollen as alternativas políticas para a mocidade desde os concellos polas que oo BNG vai pular logo das eleccións.

Galiza Nova convocou hai uns meses a Comisión Aberta a militantes e simpatizantes para a redacción do programa de mocidade de cara ás eleccións municipais. Esta comisión estivo integrada por todas aquelas persoas (militantes ou simpatizantes) que quixeron aportar as súas propostas, ben en persoa ou ben a través de correos electrónicos, proporcionando as súas ideas e opinións, que finalmente foron inseridas no texto que hoxe che achegamos, xa correctamente redactado e maquetado.

Este texto foi incluído no Programa Marco do BNG (o programa que vai rexer as actuacións do BNG nos concellos) para as eleccións municipais deste 2015. Deste xeito, máis unha vez, o BNG continúa na súa aposta por facer da mocidade un dos eixos fundamentais das súas políticas.

Animámoste a que lle botes unha ollada ao programa aquí: