O concerto deste venres co que arrincan as Xornadas de Inverno de Galiza Nova en Lugo estará cargado de reivindicación feminista e de concienciación na loita contra o patriarcado e pola igualdade das mulleres galegas.
A música correrá a cargo do grupo As Avelaíñas e contaremos co monólogo da gran Isabel Risco. Entregaranse ademais os premisos do I Certame xuvenil de relatos feministas ‘Pepa a Loba’ organziado pola Asemblea de Mulleres de Galiza Nova.
Non podes perder este evento! Venres 20 ás 23 hs no Pub O Tren (Esquina de San Roque).