Música, teatro e festa para celebrar o 25 aniversario de Galiza Nova!

cartaz 25 anosNon podía rematar o 2014 sen celebrarmos en Lugo o 25 aniversario de Galiza Nova, un cuarto de século organizando a mocidade galega pola soberanía! É por iso, que no transcorrer das Xornadas de Inverno que este ano se realizarán en diversas localidades da comarca de Lugo Centro, organizamos na noite do sábado un concerto coas actuacións de Alberto Busto, Skohlma, Galiryon; e coa representación teatral de As Malasherbas con Lili Claro e Rubén Pérez.

Este sábado a partir das 23h no pub O Tren (San Roque, Lugo) vén celebrar connosco estes 25 anos de loita e compromiso xuvenil por unha Galiza Ceibe!