Neira Vilas sempre vivo na nosa memoria

Ai amor, que lonxanía!
Que soedade, que delor!
Vivir sen ti non é vida.
Ai, amor! Ai, amor!

NEIRAHoxe Galiza érguese triste. Hoxe erguémonos orfas como tamén o fai Balbino, porque nós tamén fomos aquel neno de aldea. Hai persoas que ficarán na eternidade e Xosé Neira Vilas é unha delas. Quen foi un activista da cultura galega e da dignidade do noso pobo, grande escritor e comprometido coa Patria desde mozo, refundando en Bos Aires no exilio as Mocedades Galeguistas e asumindo a súa Secretaría Xeral, ficará na nosa memoria e nos nosos corazóns. Neira vilas foi compromiso e amor á lingua e sempre estará en nós.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *