Imaxe da Asemblea Aberta de Coia

Nin cartos na rotonda, nin estado policial!

Desde Galiza Nova, facemos un chamamento á mocidade de Vigo a participar masivamente na manifestación deste 16 de xaneiro ás 20h dende a Praza America.

Fronte á insensibilidade social e á prepotencia de Abel Caballero, Alcalde de Vigo, a veciñanza de Coia ven solicitando, dende fai meses, demandas ao Concello e outras administracións centradas na atención ás persoas en situación ou risco de exclusión social, reclamando un uso adecuado dos recursos públicos a creación de políticas que solucionen estes problemas.

Neste senso, non se explican o uso suntuoso e de fraude social dos cartos públicos como os usados para colocar un ben de interese cultural, como é o barco Bernardo Alfageme, na rotonda de Coia. Estrágase deste xeito unha superficie arborada, que non fora cuestionada por ninguén, e imposibilita a recuperación do patrimonio cultural e industrial que debera ser obxecto dunha atención preferente e coidadosa para traslado ás novas xeracións de algo que forma parte da nosa identidade.

Rexeitamos o despregue do alto grao de autoritarismo e de recursos públicos, no que ten incluído a represión policial ante os integrantes do movemento veciñal, así como unha campaña de intoxicación, calumnias e desprestixio ao puro estilo feixista.

Dende o BNG tense demandado diálogo e atención a estas demandas, promovéndose iniciativas alternativas no Pleno municipal de Vigo. Sen embargo, o goberno municipal tomou decisións contrarias e desprezou as alternativas ofertadas con actitudes antidemocráticas e déspotas por parte de Abel Caballero, chegando a unha situación de “estado policial” na rotonda para asegurar os seus propósitos por encima de calquera realidade social.

Por todo isto, dende a organización xuvenil do BNG facemos un chamamento ao pobo de Vigo e en especial á mocidade a participar masivamente na manifestación deste 16 de xaneiro ás 20h dende a Praza America.

O pobo é quen máis ordena!

Manifestación 16X Coia