Participa na manifestación nacional deste sábado 19 de outubro en defensa do dereito ao emprego, que convocada pola CIG partirá ás 12 horas desde a Alameda de Compostela. A mobilización deste sábado terá lugar logo de que estes días se celebrasen ducias de marchas polo emprego que percorreron toda Galiza no marco da campaña da central sindical ‘100 medidas para o crecemento económico e a creación de emprego’.
Mobilízate contra os ataques aos dereitos sociais e laborais e polo dereito ao traballo na nosa terra, para que as mozas e mozos da Galiza non teñamos que seguir emigrando!