1º de maio: nin escravitude, nin emigración!

Este 1º de maio, día do internacionalismo proletario, desde Galiza Nova chamamos á mobilización da mocidade. Estamos fart@s deste sistema corrupto e cruel, da dominación dos poderes españois e a Unión Europea que arruínan a Galiza, e obriga á xuventude emigrar, a coller as maletas e fuxir mentres vemos como saquean os nosos dereitos e liberdades. Por iso, un ano máis, chamamos á mocidade galega a saír á rúa coa CIG contra a escravitude, a precariedade, a explotación e o desemprego. Por unha Galiza con traballo e dereitos! O pobo e a mocidade galega seguimos en loita.

Horas e lugares de saída das manifestacións

A Coruña: ás 12:00 horas desde a Praza de Vigo.

Compostela: ás 12:00 horas desde a Praza Roxa.

Ribeira: ás 12:00 horas desde a Praza do Peixe.

Ferrol: ás 12:00 horas desde o local da CIG.

Lugo: ás 12:00 horas desde o edificio sindical na Ronda da Muralla.

Viveiro: ás 12:00 horas con saída na estación do FEVE.

Ourense: ás 12:30 horas do Pavillón dos Remedios.

Pontevedra: ás 11:30 horas desde a Ferrería.

Vilagarcía: ás 12:00 horas desde a Casa do Mar.

A Estrada: ás 12:00 horas desde a Praza do Mercado.

Vigo: ás 11:30 horas desde a Doblada.

Cangas: ás 18:00 horas desde o Concello.

Que emigren os culPPábeis!!