Nin escravitude, nin emigración! Vén coñecer as alternativas do nacionalismo

WEB

Participa este xoves 30 no coloquio que Galiza Nova organiza no campus universitario de Ourense para analizar a actual situación da mocidade galega e coñecer e debater as alternativas da organización xuvenil do BNG para a creación de emprego xuvenil na Galiza, rachar co capitalismo e coa situación de dependencia de Galiza para así podermos crear emprego digno e na terra.

O acto, que terá lugar ás 20h na aula 0.1 do Edificio do Ferro, contará coas intervencións do histórico nacionalista e ex conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, e do militante de Galiza Nova Diego Lourenzo Moura.

Na Galiza esiximos dereitos!