Nin Wert, nin Borbóns. Fóra o fascismo da nosa Nación!

R6Moz@s de Galiza Nova concentrámonos esta mañá perante a visita dos Reis de España e do ministro Wert ao centro Ben-Cho-Shey de Ourense con motivo do inicio de curso.

A pesar da concentración da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público estar comunicada, a policía española retivo a 50 persoas, entre elas a unha decena de membros de Galiza Nova, a un quilómetro de distancia para non permitirlles acoder á concentración. Así mesmo, a Policía favoreceu coa súa acción que membros da ultradereita ameazaran e insultaran a compañeiras e compañeiros da nosa organizaicón polo simple feito de portaren bandeiras da nosa Patria.

‘Galiza Nova anuncia un inicio de curso que será conflitivo nas rúas e nas aulas’

“Con esta mobilización Galiza Nova anuncia un inicio de curso que será conflitivo nas rúas e nas aulas, para rexeitar a aplicación da LOMCE” declarou aos medios o Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, “pois a reforma educativa do PP entraña aínda máis recortes, privatizacións, adoutrinamento relixioso, españolización do alumnado e insiste na persecución da nosa lingua nas aulas da Galiza”, entre outros moitos ataques contra o ensino público galego e o dereito universal á educación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *