Non á caza do raposo en Muros

Após o XXIV “Campeonato” de Caza do Raposo deste sábado nos montes de Carnota e Muros, dende Galiza Nova Muros-Noia víamos de vital importancia facer unha reflexión sobre este tipo de actos, xa que entendemos que é necesario unha análise sobre as consecuencias que ten un derramamento de sangue por pracer.

Está máis que probado que o papel do raposo no noso monte é fundamental. O xustificación do control cinexético non ten baseamento científico. Como indican os estudos realizados polo GEAS (Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes) o seguimento da especie non apunta un risco real de sobrepoboación de raposo, o cal pode convivir nun equilibrio relativamente estábel co ser humano sen afectar gravemente ás actividades agrogandeiras e ás poboacións de pequenos mamíferos, sempre e cando se manteña un mínimo respecto aos ecosistemas que habita.

Polo tanto, este venres estaremos na Antiga Fábrica de Sel de Muros escoitando a presidenta da nosa Asociación animalista de referencia na Comarca, Anajata, e tamén contaremos con un membro da Comisión de Medio Ambiente do BNG que virá a argumentar o porqué da postura da nosa fronte.

A postura maioritaria da nosa mocidade é firme e clara, somos amigas do raposo.