Non á especulación no bairro coruñés das Durmideiras! Solidariedade coas persoas denunciadas!

Este xoves sete veciñas/os do bairro coruñés de Durmideiras enfrontaránse á denuncia do Concello da Coruña que as/os acusa dun suposto delito de faltas por “alteración da orde pública” e “desobediencia á autoridade”, polo feito de opoñérense á especulación urbanística no seu bairro e á construción de 333 vivendas e un centro comercial na contorna da Torre de Hércules.

O mesmo día o xuízo este xoves 23 de maio haberá unha concentración de apoio ás persoas denunciadas ás 9:30h na porta dos Xulgados da Coruña na rúa Monforte.

#StopXuízosPolíticos!

Non á especulación en Durmideiras!