Non a esta reforma laboral!

non a esta reforma laboral

Dende Galiza Nova mostramos o noso profundo rexeitamento ante unha reforma laboral aprobada grazas os votos de partidos de dereita neo-liberal, como Ciudadanos, e que conta co apoio dos sindicatos pactistas españois e da CEOE ou FAES, mentres que se atopa de fronte coas forzas da esquerda soberanista, historicamente do lado dos dereitos das clases populares.

Despois de que o goberno se negara ao diálogo e á negociación para recuperar dereitos para as traballadoras, a mocidade galega vemos con decepción como se perpetúan as reformas laborais do 2010 e do 2012 e que o modelo de emprego a seguir no futuro do Estado Español favorece aos intereses do grande capital.

Ademais, esta non reforma laboral servirá para afortalar as nefastas políticas de emprego da Xunta de Galiza do PP e impide ver nesta “reforma” unha folla de ruta que mellore as condicións materiais de vida das traballadoras e traballadores de Galiza para afrontar de maneira xusta a crise social e industrial que padece o noso país.

En definitiva, atopámonos cunha reforma laboral que non é máis que un lavado de cara da reforma do Partido Popular. Unha reforma laboral que tamén é a proposta da patronal, do IBEX35 e en definitiva de todo o réxime do 78 mais que non avanza en dereitos reais para a clase traballadora.

Dende Galiza Nova estaremos sempre na defensa das traballadoras e traballadores do noso país, loitando cada día por un emprego digno para a mocidade galega.

 

non a esta reforma laboral

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *