Non á lei Mordaza. Paremos a represión contra a mocidade galega

represiónCon motivo da entrada en vigor o próximo mércores, 1 de xullo, da Lei de Seguridade Cidadá, a CIG ten convocadas concentracións en todas as cidades en rexeitamento a unha normativa a través da que o PP pretende amordazar a mocidade galega e a mobilización social, deseñando un novo e amplo catálogo de sancións e reducindo, pola vía administrativa, as garantías xurídicas.

Galiza Nova participará nas manifestacións convocadas pola central sindical nacionalista nas cidades e chama á mobilización da mocidade galega para facerlles frente e deixarlles claro que non amordazarán nunca as nosas arelas de liberdade!

MOBILIZACIÓNS DO MÉRCORES 1 DE XULLO

– A Coruña, ás 11:30 horas diante da Delegación do Goberno.

– Ferrol, ás 11:30 horas diante do edificio da Xunta de Galiza.

– Lugo, ás 12:00 horas diante da Subdelegación do Goberno.

– Vigo, ás 11:30 horas diante do edificio da Xunta de Galiza

– Compostela: ás 12:00 horas diante da sede do PP (Rúa Alfredo Brañas)

– Ourense: 11:00 horas diante da Subdelegación do Goberno

– Pontevedra: 11:30 horas diante da Subdelegación do Goberno