Non á rePPresión, non á ditadura!

cartaz_webGaliza Nova denuncia a represión e criminalización da mocidade que sae á rúa mobilizarse. Comprobamos como nos últimos meses son múltiples as accións represoras que estamos a sufrir a sociedade galega, coma neste caso no que dous estudantes independentistas foron detidos e levados aos xulgados por protestaren na USC ante a visita do Presidente da Xunta.

Se non somos identificadas por protestar ante a chegada do novo rei, somos multadas por pintar un mural pola liberdade de decisión das mulleres, incluso, até podemos ser xulgadas por defender á xente que vai ser desafiuzada ou protestar ante Feijóo. Non é lecítimo protestar cando vemos que todos os dereitos que temos como galegas están a desaparecer? Desde logo que si, por iso desde Galiza Nova seguiremos na rúa berrando con todas as forzas ante quen quere amedrentarnos a base de sancións, xuízos e abuso de poder.

Desde a nosa organización expresamos novamente a nosa solidariedade cos dous estudantes.