Non á suba da matrícula no Conservatorio do Carballiño

taxasQueremos amosar o noso apoio á Plataforma de Afectadas/os pola Suba das Matrículas do Conservatorio/Escola de Música do Carballiño e ás mobilizacións iniciadas para evitar o desmantelamento do Conservatorio e da Escola municipal que o goberno do Partido Popular pretende levar a cabo.

En 2012 comezaron un incremento da matrícula do Conservatorio e da Escola de Música a razón dun 20% anual e que o goberno local non reparou en seguir mantendo. Neste vindeiro curso, a matrícula en grao elemental ascende a 430 € e en grao profesional a 540 € (130 € e 165 € máis que en 2012/2013, respectivamente).

Desde Galiza Nova consideramos inxusto este incremento da matrícula por que deixa fóra a mozas e mozos do Carballiño que non poden afrontar este abusivo pagamento; e conlevará a desaparición en poucos anos do Conservatorio Municipal de Música con máis de 30 anos de historia e da Banda-Escola de Música do Carballiño, que dela se nutre.

Dende a Asemblea de Galiza Nova do Carballiño apoiamos a defensa que dende a Plataforma de Afectados/as pola Suba das Matrículas do Conservatorio/Escola de Música se está a levar a cabo e esiximos a conxelación das taxas a razón das do 2012 en defensa do alumnado.