NON AGASALLES ESTEREOTIPOS

Durante as festas de Nadal o patriarcado e o capitalismo convértense de novo en aliados perfectos para reproducir e perpetuar os roles de xénero. Faino a través de agasallos para as crianzas cos que nos bombardea a publicidade e que enchen os andeis das tendas en seccións claramente diferenciadas por cor e temática.

Mentres que os nenos reciben os xoguetes centrados na forza, o deporte ou a aventura; para elas son as bonecas e as cociñas que lles inculcan o seu papel de coidadoras e sumisas.

Ante isto, cómpre lembrarmos a importancia do xogo no desenvolmento das crianzas. Así, os xoguetes poden ser unha ferramenta útil do patriarcado para reproducir estereotipos, mais tamén podemos e debemos empregalos para acabar con eles.

A continuación ofrecémosche unha pequena guía con cuestións a ter en conta á hora de facer un agasallo.

 

  •         Non hai xoguetes de nenos e xoguetes de nenas. Os xoguetes non teñen xénero.
  •         Non hai cores de nenos e cores de nenas.
  •         Evita facer regalos que perpetúen os estereotipos de xénero. As nenas tamén queren xogar ao fútbol e os nenos coidar unha boneca.
  •         Procura xogos que potencien a cooperación e a participación entre iguais.
  •         Regala xoguetes que estimulen a creatividade.
  •         Fai agasallos que contribúan o desenvolvemento dos coidados, a empatía e a expresión de sentimentos.
  •         Evita os xoguetes que fomenten comportamentos violentos.
  •         Busca xogos, libros, videoxogos… que tamén nomeen e visibilicen ás nenas.
  •         Analiza criticamente a publicidade, os catálogos de xoguetes… e fai unha compra consciente.

 

Non merques xoguetes sexistas,

Non agasalles estereotipos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *