Non ao golpe de estado no Brasil

dilmaA mocidade nacionalista denunciamos unha vez máis o golpe de estado acontecido no Brasil, disfrazado co eufemismo de impeachment, e que ven de expulsar a presidenta Dilma Rousseff e crear un novo goberno ao servizo do capital e o imperio ianqui.

Atopamos grande paralelismo entre esta foto de Dilma en 1970, aos 22 anos, na que após ser torturada tras 22 días polos militares na época da ditadura, sométese ao interrogatorio.

Os dous militares retratados na foto tapan o rostro cunha man para non ser identificados.
Rousseff, ex guerilleira, economista e até onte presidenta de Brasil iniciou a súa militancia aos 16 anos desde posicións de esquerda transformadora e antiimperialistas.

A día de hoxe, a ditadura volve asomar no Brasil, por iso que Galiza Nova e o BNG súmanse ás voces de milleiros de movementos sociais e de gran número de estados, que desde posicións democráticas e antiimperialistas, reclaman que cese a farsa promovida polos poderes financeiros e mediáticos do país, que non se resignan a un goberno pensado para a maioría do pobo brasileiro, que loita pola igualdade e contra a pobreza.

Denunciamos pois, os delitivos intereses do novo goberno, que tal e como denuncia o propio Partido dos Traballadores, ten a máis do 50% dos seus membros, incluído o presidente, acusados pola xustiza.

Só vencen os pobos que loitan!
Galiza co pobo brasileiro!